Alguén no mar. Unha combinación experimental entre a música, a poesía e a danza.
Alguén no mar é unha interpretación teatral para dar vida a un sentimento positivo que sempre tivemos e que alguén ten buscar.
O desenrolo faise nuns cinco movementos, con cinco músicas motivadas polas estrofas, e cinco bailes motivados polas músicas.
Con estas palabras, que serven a modo de introdución do espectáculo, serán o que de valor lingüistico á proposta presentada.
“Aire do noso vento,
auga do noso mar,
vento ben querido,
vento que has de voltar.”
Unha aposta polo orixinal e pola dinamización social da nosa cultura.
Formacións musicais:
Unha opción musical alternativa na que podremos escoitar ao músico na súa faceta de creatividade orixinal co baixo eléctrico facendo as bases rítmicas e armónicas co seu propio instrumento para desenrolar melodías e improvisacións.
Tamén podemos ter outras opcións que van dende dous músicos ata o quinteto.
Un repertorio propio no que fai uso da participación do público e outros músicos, podendo velo tamén acompañado de batería, piano, guitarra, percusión ou saxo.